Por primeira vez dobrada ao castelán.
Dentro de 8 días isto será unha realidade, e dentro de 9 deixará de selo. Por que? Antena 3 vai emitir a primeira temporada da interesantísima serie The 4400 de dúas tacadas o luns 12 e o martes 13 pola noite. Son un episodio piloto máis outros cinco. Alguén será quen de velos de tres en tres?
En principio, a serie -que non miniserie- estaba pensada para poder rematar aí ou deixar a porta aberta de cara á súa continuación, que xa se emitiu. Tamen o fará Antena 3? Parece ser que mesmo haberá unha terceira, o vindeiro verán nos EUA na cadea USA
tenho curiosidade pola serie, inda que esta noite o que teño que facer é saír por aí dunha vez por todas. o marketing promocional estivo moi ben pensado, e dá “repelús” a nena esa que fita de fronte. de tódolos xeitos, estou un pouco desencantada en xeral co terror. a maioría das ficcións pensadas para o medo dánme a risa.
pd: hai unha película gora nos cines, O exorcismo de Emily Rose, un colega foi vela e comentou que nuns anos será todo un clásico.
beijos
tenho curiosidade pola serie, inda que esta noite o que teño que facer é saír por aí dunha vez por todas. o marketing promocional estivo moi ben pensado, e dá “repelús” a nena esa que fita de fronte. de tódolos xeitos, estou un pouco desencantada en xeral co terror. a maioría das ficcións pensadas para o medo dánme a risa.
pd: hai unha película agora nos cines, O exorcismo de Emily Rose, un colega foi vela e comentou que nuns anos será todo un clásico.
beijos
Pois está moi ben. E a rapaciña é un dos personaxes principais…