A data de hoxe, na páxina do proxecto Ceibe pódese descargar xa a versión 1.1.5 do paquete OpenOffice.org en galego isolacionista.
Avisados estades.
Autor: Modesto
-
Xa saíu OpenOffice.org 1.1.5 en galego
-
Dupla velocidade
Hoxe duplicáronme a velocidade do ADSL. De 512/128 kbps pasei a 1024/320. Non está mal, aínda que xa sei que por aí fóra isto é terceiromundista…
-
Son millonario
Se o e-mail que recibín hoxe fose certo, que non creo. Polo menos, o SpamAssassin dime o seguinte:
X-Spam-Report:
* 1.3 UNCLAIMED_MONEY BODY: People just leave money laying around
* 0.5 HTML_60_70 BODY: Message is 60% to 70% HTML
* 0.0 HTML_MESSAGE BODY: HTML included in message
* 0.0 MSGID_FROM_MTA_HEADER Message-Id was added by a relay
* 3.2 FORGED_MUA_OUTLOOK Forged mail pretending to be from MS OutlookSegundo a mensaxe, fun premiado nunha especie de lotería primitiva absurda organizada por Microsoft para o Reino Unido e Irlanda, cuxa combinación gañadora foi 06 – 13 – 17 – 23 -32 – 43, e o número complementario o 49. Parece ser que eu acertei cinco e mais o complementario, polo que teño un premio de 850.000 libras esterlinas a repartir entre os dez gañadores da segunda categoría.
Se non reclamo o premio antes do 1 de novembro, pasará ao bote. E se o reclamo, seguramente a miña caixa de correo se verá inundada de ofertas de títulos universitarios sen necesidade de estudar (mágoa que xa o obtivese polo camiño difícil) ou marabillosas técnicas de alongamento de pene.
Esta suposta lotería usa un software especial para escoller ao chou entre máis de 40.000 compañías e 20 millóns de enderezos de correo electrónico de todo o mundo. As bólas e os bombos están comprobados por axentes independentes para asegurarse de que operan axeitadamente…. En fin. Iso contan. -
Parabéns, Rita!
Rita Penedo é a nova delegada de Europa Press en Galicia, segundo nos conta Galicia Hoxe. Outra compañeira de promoción que está onde debe estar. Parabéns!
Outra foto que xa se publicou en ModestoWeb:
-
Eclipse anular
Vê-se um pouco mal, pero é o que há.