Son millonario

Se o e-mail que recibín hoxe fose certo, que non creo. Polo menos, o SpamAssassin dime o seguinte:

X-Spam-Report:
* 1.3 UNCLAIMED_MONEY BODY: People just leave money laying around
* 0.5 HTML_60_70 BODY: Message is 60% to 70% HTML
* 0.0 HTML_MESSAGE BODY: HTML included in message
* 0.0 MSGID_FROM_MTA_HEADER Message-Id was added by a relay
* 3.2 FORGED_MUA_OUTLOOK Forged mail pretending to be from MS Outlook

Segundo a mensaxe, fun premiado nunha especie de lotería primitiva absurda organizada por Microsoft para o Reino Unido e Irlanda, cuxa combinación gañadora foi 06 – 13 – 17 – 23 -32 – 43, e o número complementario o 49. Parece ser que eu acertei cinco e mais o complementario, polo que teño un premio de 850.000 libras esterlinas a repartir entre os dez gañadores da segunda categoría.
Se non reclamo o premio antes do 1 de novembro, pasará ao bote. E se o reclamo, seguramente a miña caixa de correo se verá inundada de ofertas de títulos universitarios sen necesidade de estudar (mágoa que xa o obtivese polo camiño difícil) ou marabillosas técnicas de alongamento de pene.
Esta suposta lotería usa un software especial para escoller ao chou entre máis de 40.000 compañías e 20 millóns de enderezos de correo electrónico de todo o mundo. As bólas e os bombos están comprobados por axentes independentes para asegurarse de que operan axeitadamente…. En fin. Iso contan.

1 comentario

  1. Que queres que che diga?.
    A min unha vez mandaronme un correo contando unha traxedia. Resulta que escribia un sudafricano que o irman tinha unha mina de diamantes e que morreu e hai unha lei na que o goberno queda cunha chea de cartos se so hai un herdeiro e escribiume a min(“conhecido pola minha honestidade”sic) para sermos socios nos papeis e dabame unha boa recompensa e ba,ba,ba,ba.
    Eu borrei a mensaxe.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.