Autor: Modesto

  • União Penosa



    União Penosa, enviado orixinalmente por Modesto.

    Com este gesto, estás a ajudar a que David Beckham compre cremes hidratantes.

    Nota muito importante: o meu móbil non ten dicionario en galego, así que teño que escribir os textos en português. Non queda outra.

  • Mambo! (2)

    Parece que o CMS Mambo está a acadar cada vez máis éxito, aínda que agora corre perigo de deixar de ser soft libre, pero xa ten unha derivación alternativa, o Joomla!.
    A televisión local Telesalnés, agora coñecida co un tanto pretencioso nome de Canal Rías Baixas, está a probar este sistema para a súa nova web.
    Esperemos que lles vaia moi ben e que pronto contemos cun medio máis de información. Parece que xa a están a actualizar diariamente.
    Por certo, aínda non me decidín polo meu programa e presentador/a favoritos.
    E, si, seguen a ter o logo de Mambo no seguinte enderezo:

    http://www.canalriasbaixas.com/images/logo.png

  • Invasión

    Acabo de ver o primeiro episodio de Invasion (ver máis abaixo, para máis información). Conclusión: semella estar máis ca inspirado n’A invasión dos ladróns de corpos, condimentado co tema dos furacáns, que están tan de moda. Parece interesante. Velaí unha captura do derradeiro plano do episodio:

  • Benigno Sánchez será o novo director xeral da CRTVG

    Benigno Sánchez García, ata agora xefe da inspección provincial de traballo d’A Coruña, será o novo director xeral da CRTVG, se Vieiros, La Voz de Galicia e El Correo Galego, entre outros medios de comunicación, non minten.
    Polo que se ve, a principal prioridade do goberno da Xunta será resolver os graves problemas laborais que lle afectan á Compañía. Haberá que agardar un par de anos a que o director xeral poida ser elixido polo Parlamento.
    P.D.: Eu prefería a Morgan.

  • Versión orixinal

    Estoulle collendo afección a isto de ver series televisivas en versión orixinal e sen subtítulos. O «vicio» comezou con Doctor Who, está a continuar rescatando episodios dunha serie da miña infancia, Logan’s Run, e proseguirá, inevitablemente, con Lost. Esta semana estreouse nos EUA a segunda temporada e, como non podía agardar a vela o ano que vén dobrada ao castelán, púxenme ADSL á obra, e xa está:

    Que quede claro que non pretendo facer ningún spoiler, así que non vou contar nada. Como isto crea síndrome de abstinencia, xa estou baixando a serie que se emite a continuación de Lost na ABC, Invasion, que promete bastante. E non descarto comezar a colección da segunda xeira de Desperate Housewives, que se estrea mañá.
    Vendinme ao imperialismo ianqui?