Versión orixinal

Estoulle collendo afección a isto de ver series televisivas en versión orixinal e sen subtítulos. O «vicio» comezou con Doctor Who, está a continuar rescatando episodios dunha serie da miña infancia, Logan’s Run, e proseguirá, inevitablemente, con Lost. Esta semana estreouse nos EUA a segunda temporada e, como non podía agardar a vela o ano que vén dobrada ao castelán, púxenme ADSL á obra, e xa está:
Lost 02x01
Que quede claro que non pretendo facer ningún spoiler, así que non vou contar nada. Como isto crea síndrome de abstinencia, xa estou baixando a serie que se emite a continuación de Lost na ABC, Invasion, que promete bastante. E non descarto comezar a colección da segunda xeira de Desperate Housewives, que se estrea mañá.
Vendinme ao imperialismo ianqui?

1 comentario

  1. Cantos anos sen saber da “Fugha de Loghan” co carricoche aquel e o Doctor Willowy, o meu primo…
    Os ianquis poden facer cousas malas pero outras son boas e, a fin de contas, e o que mamamos de sempre.
    Saudos e desfruta co material que baixes.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.