Aínda que este post xa se publicou o 14 de xaneiro, dentro da última moda da reciclaxe e da futuroloxía de a patacón, retomo esta imaxe:
Autor: Modesto
-
Captura do futuro (2)
-
Estraño pésame
Hoxe recibín nunha das miñas contas de correo unha estraña mensaxe, que reproduzo aquí abaixo:
buenas noches siento muchisimo lo ocurrido se que la tristeza es enorme pero piensa que hay alguien que te quiere y siempre estare a tu disposicion mi mas sincero pesame miles de besos tu compañera vanesa
A remitente é unha tal Vanesa Fernández, a quen non teño o gusto de coñecer. Non parece ser un virus. ¿Será unha nova técnica para recoller enderezos de correo electrónico e enviar spam á xente que lle resposte? Ou será unha equivocación? Se é así, ¿é a amiga dunha amiga ou dun amigo ao que lle pasou algún accidente terrible ou a algunha persoa achegada súa?
Misterio sen resolver. -
Máis liberdade de expresión
Hoxe decateime de que as persoas que se estreaban neste blog eran automaticamente incluídas nunha ‘lista negra’ que me obrigaba a moderar os seus comentarios (un do Melro e dous do Palanghreiro de Lalín). Xa está corrixido o problema e as súas opinións feitas públicas. Ademais, agora xa non é obrigatorio deixar nome nin enderezo de correo electrónico, para que poidades permanecer no economato.
Sigo tendo a capacidade, como administrador, de borrar comentarios, pero é algo que aínda non fixen e non penso facer (e se o fago, explicarei as razóns, que probablemente se deban á invasión de spam, como lles está a pasar a algúns por desgraza). -
Cambio de imaxe
Unha vez máis fágolle un cambio de imaxe a ModestoWeb, agora que xa parece que o verán está a rematar e chega o mes de setembro. Mellor así ou coma antes?