Máis liberdade de expresión


Hoxe decateime de que as persoas que se estreaban neste blog eran automaticamente incluídas nunha ‘lista negra’ que me obrigaba a moderar os seus comentarios (un do Melro e dous do Palanghreiro de Lalín). Xa está corrixido o problema e as súas opinións feitas públicas. Ademais, agora xa non é obrigatorio deixar nome nin enderezo de correo electrónico, para que poidades permanecer no economato.
Sigo tendo a capacidade, como administrador, de borrar comentarios, pero é algo que aínda non fixen e non penso facer (e se o fago, explicarei as razóns, que probablemente se deban á invasión de spam, como lles está a pasar a algúns por desgraza).


4 responses to “Máis liberdade de expresión”

  1. Ah, enton podo rir.
    Isto faime acordar un chiste que me contou un Garda Civil. Di que ia a parella da Garda Civil patrullando de noite naqueles tempos da fame e do Chuco e miran un xitano sospeitoso. Enton vai a parella e berra: ” Alto, quien vive? “. E soltalle o xitano mentres liscaba: ” Vosotros, que teneis economato “.
    Saudos.

Leave a Reply Cancel reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.