Tal episodio non existe… aínda. Haberá que agardar ao xoves…
Categoría: Certa ficción
-
Do it, do it again
Non coñecía esta versión en inglés do famoso tema de Raffaella Carrà. Tívoa que rescatar Russell T. Davies no episodio desta fin de semana do Doutor Who.
-
Extraterrestres en Compostela
No primeiro episodio da serie The Sarah Jane Adventures, a protagonista, compañeira de viaxe do Doutor Who durante bastantes anos, descobre que os malvados Slitheen tentaran asentarse en Santiago. Da que nos libramos…
-
The Déjà-Vu Channel
Facendo zapping, por pura casualidade, puxen Popular TV e atopei o que, probabelmente, sexa un dos poucos programas que paga a pena ver desa canle: Fama. Sentín esa estarrecedora sensación de lembrar cada plano do episodio, que só vira unha vez, hai case 25 anos. Aínda que, daquela, os personaxes parecíanme vellísimos e, agora, parécenme novísimos -e un chisquiño pasados de moda, tamén-. Ala, un aplauso para a Conferencia Episcopal por rescatar estas cousas que tan boas lembranzas nos traen aos puriles.
-
Como rematará ‘Lost’?
Eu seino: John Locke vai acabar traballando de camareiro, aínda que aquí apareza de cazador ou algo semellante.