Categoría: Certa ficción
-
Coincidencias
Hoxé púxenme a ver o capítulo 12 da sétima -e derradeira- xeira de Star Trek-A nova xeración e quedei pampo ao comprobar que o actor convidado do episodio era Terry O’Quinn, máis coñecido como John Locke en Lost. Velaí a demostración:
Non é a primeira vez que atopo estes paralelismos en pouco tempo, ao ver que unha cara ou un nome me soan. Así, o guionista desa mesma serie (Star Trek TNG), René Echevarria, é tamén o creador de The 4400. Tamén me sorprendeu ver case dous días seguidos a Pamela Salem, na serie Into the Labyrinth e nun dos primeiros episodios de Blake’s 7. A pobre encasillouse en papeis de bruxa mala.
Hai que ver que na Wikipedia vén de todo!(Por certo, que precisan que alguén traduza o artigo sobre Star Trek ao galego. Se teño tempo, fareino eu mesmo. Teño moito tempo libre as dúas vindeiras semanas…
-
Que carallo é isto?
Apareceu no episodio de Lost emitido onte á noite nos EUA. Naturalmente, non podo dicir o que é nin o que deixa de ser, nin en que contexto se puido ver. Pero saber, saberase, algún día.Na Wikipedia en inglés xa hai unha interpretación.
-
Cabeceiras alternativas
No youtube atopei esta cabeceira alternativa da serie Lost. Xa sei que teño unha obsesión con esta serie, xa o sei… Esta careta parece máis axeitada para públicos adolescentes.
-
A explicación definitiva
A través de The Lost Fan Blog atopei unha ligazón á explicación definitiva do cómo e do por qué de todo o que pasa na serie Lost (Perdidos). Ã?s veces parece convincente, outras incrible. Non a leades se só vistes a primeira tempada!
(Imaxe da Wikipedia)