Categorías
Certa ficción

Star Wreck: In the Pirkinning

Acabo de ver o incrible Star Wrek: In the Pirkinning, un filme de ciencia-ficción finlandés que tardou sete anos en facerse e que ten licenza Creative Commons,. É unha parodia de Star Trek e Babylon 5, todo mesturado, con impresionantes efectos especiais á altura de calquera superprodución.
Pódese descargar en finés con subtítulos en inglés (aínda non hai versión galega). Para cando algo así na nosa terra?
Logo de Star Wreck
Outro día falarei de Star Trek New Voyages, unha serie feita por afeccionados e, neste caso, sen intencións paródicas.

Categorías
Certa ficción

Invasión

Acabo de ver o primeiro episodio de Invasion (ver máis abaixo, para máis información). Conclusión: semella estar máis ca inspirado n’A invasión dos ladróns de corpos, condimentado co tema dos furacáns, que están tan de moda. Parece interesante. Velaí unha captura do derradeiro plano do episodio:

Invasion

Categorías
Certa ficción

Versión orixinal

Estoulle collendo afección a isto de ver series televisivas en versión orixinal e sen subtítulos. O «vicio» comezou con Doctor Who, está a continuar rescatando episodios dunha serie da miña infancia, Logan’s Run, e proseguirá, inevitablemente, con Lost. Esta semana estreouse nos EUA a segunda temporada e, como non podía agardar a vela o ano que vén dobrada ao castelán, púxenme ADSL á obra, e xa está:
Lost 02x01
Que quede claro que non pretendo facer ningún spoiler, así que non vou contar nada. Como isto crea síndrome de abstinencia, xa estou baixando a serie que se emite a continuación de Lost na ABC, Invasion, que promete bastante. E non descarto comezar a colección da segunda xeira de Desperate Housewives, que se estrea mañá.
Vendinme ao imperialismo ianqui?

Categorías
Certa ficción

Os números da [mala] sorte

Non xogues estes números á Primitiva, ou estarás perdido.
4 8 15 16 23 42

Categorías
Certa ficción

Os extraterrestres invaden Londres

Pódese ver arestora na BBC ONE. Desafortunadamente, eu terei que agardar a velo ata esta noite, a través do torrente.

Si: é o capítulo 4 de Doctor Who. En versión orixinal sen subtítulos.