Unha vez máis fágolle un cambio de imaxe a ModestoWeb, agora que xa parece que o verán está a rematar e chega o mes de setembro. Mellor así ou coma antes?
Categoría: Endogamia
-
Xa marchou
O auto(in)móbil que tanto deu que falar e escribir nas últimas semanas marchou onte.
Como diría Desireless, «Bon voyage !» -
Imaxes de quita e pon
É o que pasa coas imaxes que non teño colgadas no «meu» servidor. Como exemplo: as de Pon CERA, quita CERA ou a de Non nos fallen agora, queridiños.
-
Son un neneiro
Segundo o test de personalidade da BBC que recomenda Orballo, son un nurturer. Non creo moito nestas cousas…
-
O debate
Pois si. Hoxe presentei o meu primeiro debate electoral. E non teño nada máis que dicir, como diría aquel.