Categoría: Endogamia
-
Aniversario
Probablemente, a estas alturas, este blog terá cumprido o seu primeiro ano de ‘vida’, o que non quere dicir que se vaia organizar unha festa ou nada parecido. Pero pode ser que coa chegada do novo ano teñamos algún que outro pequeno cambio de imaxe. Ou pode ser que non.
O certo é que esta interesante información me serve como escusa para escribir un pequeno ‘post’ para cumprir coa obriga de publicar algo cando menos unha vez á semana, pois é ben sabido que, de non facelo, me podería ver afectado pola terrible maldición dos bloggers, que vén sendo algo así como o que lles pasaba aos que vían o vídeo de The Ring. Avisados estades. -
Blogalización
Como o que non chora non mama, chorando, chorando, xa me incluíron na nova Blogaliza. Graciñas, Pedro!
-
Desblogalizado
Pois mira que xa mandei milleiros e milleiros de emilios a Blogaliza pero non me dan incluído. Quizabes algún día…
-
Ouxan Reis
Por fin, a partir de mañá, todo o mundo deixará de falar da Ouxan Reis e das marabillosas moreas de cartos que nos ían traer estes Reis [Magos], e que todos sabemos que nunca chegarán, porque, pasado o día, pasou a romaría. Xa era hora.