En stand-by

Estes días estou sen internet, porque cambiei de proveedor de ADSL. Así que non leredes nada novo ata finais desta semana ou, todo máis tardar, comezos da próxima.
Vémonos.

Publicada o
Categorizado como Endogamia

Encontros inesperados

Hoxe vina no concello da Pobra do Caramiñal. Sería unha alucinación miña? Maricarmen ten unha irmá xemelga?
Engádega: este vídeo demóstrao.

Publicada o
Categorizado como Endogamia

Aniversario

Probablemente, a estas alturas, este blog terá cumprido o seu primeiro ano de ‘vida’, o que non quere dicir que se vaia organizar unha festa ou nada parecido. Pero pode ser que coa chegada do novo ano teñamos algún que outro pequeno cambio de imaxe. Ou pode ser que non.
O certo é que esta interesante información me serve como escusa para escribir un pequeno ‘post’ para cumprir coa obriga de publicar algo cando menos unha vez á semana, pois é ben sabido que, de non facelo, me podería ver afectado pola terrible maldición dos bloggers, que vén sendo algo así como o que lles pasaba aos que vían o vídeo de The Ring. Avisados estades.

Publicada o
Categorizado como Endogamia

Blogalización

Como o que non chora non mama, chorando, chorando, xa me incluíron na nova Blogaliza. Graciñas, Pedro!

Publicada o
Categorizado como Endogamia