Categoría: Endogamia

  • Vaia semaniña (1)

    Non porque fora mala, precisamente.

    Todo comezou o mércores cunha minichuzarrachí en Compostela. Aproveitei que me atopaba na capital galega por motivos laborais para reunirme con dous chuceiros, primeiro, ifrit e, logo, tamén con Snob, para asistir ao concerto que daban na Sala Nasa, por este orde, Los Iribarnes, Samesugas e The Homens. Antes de todo iso, púidenme despedir de Cesare, que agora se atopa en terras do Norte.

    Na noite compostelá tamén nos acompañou un amigo de ifrit, Adrián (non sei se con ou sen agá), de Ogrobe -e non o único desa vila que se atopaba en Santiago DC aquela noite. De feito, a cidade estaba invadida, por unha parte, por mecos, e, por outra, por xente de Ferror.

    Y los Iribarnes cumplen su misión

    Non só os Iribarnes, senón tamén os Samesugas e The Homens, que fixeron caso ás peticións do público e, ao final, o baixista accedeu a contar un chiste. Non o vou reproducir aquí porque tampouco era a cousa como para escachar da risa, pero o importante é que foi o bastante riquiño como para compracer a audiencia. Velaquí un fragmento de Non podo máis, no que se pode aprezar a emoción dos espectadores.

    Vídeo

    Ogrobe vs Ferror

    Aínda que non houbo enfrontamento ningún, a xente que enchía Compostela dividíase a partes iguais entre as dúas entidades de poboación. Por parte arousá hai que salientar que coñecín a dous personaxes imprescindíbeis como Sabela Ogrobe e Zé Ogrobe, que non son irmáns. A primeira amosouse un tanto rabuda -a saber por que- e o segundo confesou a súa admiración polas Chuzanews. Por certo, que nos atopamos con eles en todos os sitios aos que iamos. Un saúdo para eles.

  • De volta

    Despois duns días fóra de circulación, volve coa mesma forza de sempre ModestoWeb. Por desgraza, os dous últimos posts e os comentarios recibidos despois do día 23 perdéronse. Se teño tempo -que supoño que si- recuperarei os primeiros, aínda que non poderá pasar o mesmo cos segundos. Mágoa.

  • A crise dos trinta

    Como todos os días hai moita xente que cumpre trinta anos -ultimamente, máis- e a min non me falta moito, ocorréuseme entregar este agasallo audiovisual. A parte visual é un pouco noxenta, pero foi o que atopei no buscador de imaxes de Google.


  • Xeracións

    Xa pasou tempo disto…

  • BlogDay

    Como xa había unha semana que non escribía nada, que mellor motivo para facelo que anunciar que non vou participar nesa iniciativa -aplaudíbel, de todos os xeitos- do BlogDay.

    Porque todos os días poden ser o BlogDay. 😉