Despois de semanas de seca, vento e incendios, mañá chegará, por fin, a chuvia. Os incendiarios -que non pirómanos- xa o saben, e por iso xa hoxe deixaron de traballar. Agora será o momento para as riadas de lama negra procedente dos montes queimados, que quedarán aínda máis desprotexidos despois de teren perdido a súa cobertura vexetal. A imaxe marciana de máis abaixo está cada vez máis preto.
Categoría: Endogamia
-
Descubrimento inconfesable
Acabo de descubrir que a roda do rato se pode pulsar e que equivale ao botón central.
Como diría Madonna, like a virgin (en informática).
-
Todo volve á normalidade
Por fin, despois de semanas de patrioterismo, forofismo e panfletismo, volvemos á realidade de todos os días. Xa non volveremos ver bandeiras españolas (onde as agachan o resto do tempo?) e as páxinas de deportes dos xornais deixarán de estar pragadas de artigos que parecen escritos por adolescentes idólatras. Agás cando se trate de Fernando Alonso, claro.
Será o momento de preocuparse do que de verdade interesa. Ai, non, que estamos no verán!
-
Recuperado
Todo volve ser coma antes, despois das lixeiras molestias causadas por algún impertinente descoñecido que, desgrazadamente, seguirá facendo das súas por aí adiante ata que o metan no caldeiro.
-
Putos crackers
Hoxe crackeáronme a base de datos do blog. Así que tardarei algún tempo en restaurar os contidos, porque non fixen o recomendabilísimo labor de facer copias da mesma cada pouco. A última era do 22 de febreiro. Un millón de grazas a Blogalego por gardar un arquivo de todos os posts ata agora.
Engádega: Xa están recuperados os artigos e comentarios de marzo. Só falta abril. Mañá estará todo recuperado -e xa teño copia de seguridade de todo-. 😉