Xa estou de volta

Ao final xa recuperei a conexión, aínda que con outro proveedor. Esta tarde descubrín por casualidade que é posible que nunca chegara a estar realmente sen internet, e eu sen sabelo.
Explícome: primeiro chamei ao meu novo proveedor, onde me dixeron que non era posible darme de alta ata que o anterior me dese de baixa. Logo, chamei ao anterior, no que xa me dera de baixa hai unha semana, para asegurarme de que xa o fixeran, pero explicáronme que non era o mesmo estar de baixa técnica que de baixa administrativa (?!), e que xa estaba de baixa técnica pero aínda non de baixa administrativa, pero que de todos os xeitos non me ían cobrar os días nos que non tiven servizo de internet.

Non sei por que, deume por chamar outra vez ao meu novo proveedor e pedirlle que me desen o nome de usuario e contrasinal para conectarme, porque aínda non recibira a carta con eses datos -si recibín o modem USB, que, por certo, non vou empregar, xa que teño un router do meu anterior proveedor-. Déronme o nome de usuario e o contrasinal e… voilà!
Aquí estou de novo.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.