Publicado en Endogamia

Mala sorte

¿Sabe usted lo que significa esta señal?
Prohibido adiantar
Isto foi o que me preguntou o venres un simpático garda civil. A historia comeza cun adiantamento, feito nunha zona completamente autorizada -iso pensaba eu- e a unha velocidade tamén situada dentro dos límites permitidos.
Este simpático corpo de seguridade paramilitar considera que, ao incorporarme ao carril dereito da circulación, pisei a liña continua. Aínda non sei canto me caerá, pero as faltas graves, como é o caso, castíganse con entre 92 e 301 euros de multa e ata 3 meses de suspensión do carné de conducir. Espero que só me afecte ao peto. Todo depende da discrecionalidade dos de verde.

Cada vez estou máis de acordo con isto.

12 opiniones sobre “Mala sorte

  1. Que, se non o soubese, non tería ese carné -que, espero, non me retiren temporalmente. Se é así, a próxima póñome a adiantar catro coches nunha curva. Total, máis sanción non me pode caer…

  2. Non penses que se esquecen. Amín chegoume unha onte mesmo… do 6 de marzo… Radar detecta exceso de velocidade un domingo ás 8.26 da mañá nun punto indefinido entre Ordes e Mesón do Vento… 300 euros, sen retirada. Aínda vou ter que dar gracias, bueno ou grazas…

Deixar unha resposta