Porque non queda outra. E é festa, pero non o é.
Categoría: Fotos
-
Vida sa
-
Día 14, 16 de agosto
Non, que ninguén se asuste. Non vou continuar coa fallida intención de seguir relatando día a día aquela viaxe (que, se me puxera nese plan, non acabaría nunca, e aburriría até as ovellas). O caso é que esta foto do vello Fulton Fish Market, ao que seica case ninguén lle tira instantáneas, foi seleccionada para a súa inclusión dentro da guía Schmap de Nova York, dentro da categoría de Food & Wine. e que se ve así nun iPhone. Sempre é recomendábel -a non ser que se sexa fotógrafo profesional e se queira vivir diso, por suposto- licenciar as imaxes baixo Creative Commons, e máis aínda se é CC-BY.
-
De cales prefires?
De cales prefires?
Upload feito originalmente por Modesto
En calquera caso, se queres recibir unha felicitación destas, terasme que pasar o teu enderezo de correo pre-internet.
…a un enderezo post-internet que é o meu nome seguido dunha arroba e do URI deste blog, claro 😀
-
Tarxetas de Nadal Moo
Tarxetas de Nadal Moo
Upload feito originalmente por Modesto
Preparádevos para recibilas!
-
Tolos polas tetas
Só así se pode explicar que esa palabra –tetas– siga a ser a máis buscada pola xente que chega a este blog. Aínda que non vaia de tetas. Ou será porque internet is for porn?