Veño de saber por TodoNada que a Universidade de Vigo creou un tradutor automático galego-castelán e castelán-galego. Os resultados son abraiantes, e permítennos ler a web do Concello da Coruña ou a do Bloque Nacionalista Gallego.
Ten aínda algúns problemiñas coas páxinas en Unicode, como ModestoWeb ou a propia TodoNada, pero axiña se resolverá. E, senón, pódelo resolver ti mesmo/a, porque é un proxecto de software libre. O código fonte, aquí.
Categoría: Friqueiradas
-
Tradución automática
-
Lavado de cara
Outra vez. Como non hai nada novo no contido, haberá que facer modificacións no continente. Engadín un botón de publicidade polo que non recibo nin un peso, pero que si servirá para que o servidor que me ofrece espazo gratuíto, f2o.org, poida seguir prestando este servizo. O mellor de todo é que non obrigan a ninguén a facelo.
-
Todos usan WordPress
Tamén o blog de Cuatro, titulado La cuenta atrás.
-
Joomla
Estou a probar o Joomla, un xestor de contidos que vén de ser traducido ao galego por Nubeiro. Descubrín que me daba uns pequenos erros, que finalmente corrixín. Agora todo marcha.
O comentario que lle deixei a Nubeiro -e está agardando moderación- é o que reproduzo aquí:Ola!
Estiven probando a tradución do Joomla ao galego, pero atopei dous pequenos problemiñas que acabei solucionando:
Primeiro: Ao comezo do arquivo galician.php aparecen os carácteres , que, irremediablemente, se coaban ao principio de todas as páxinas.
Segundo: A variable “_ISOâ€? tiña o valor “iso-8859-1″, mentres que o arquivo galician.php usa Unicode, así que a cambiei a “utf-8″, para que os navegadores interpreten correctamente os acentos.
A versión corrixida está en http://modestoweb.org/joomla/language/galician.php
A min agora funcióname sen problemas.
Saúdos.
ModestoA páxina de proba, que se titula, precisamente, Proba, está aquí: http://modestoweb.org/joomla/
-
Retoques estéticos
Na aparencia da páxina, claro. Agora, por fin se ve correctamente en Internet Explorer, aínda que, como se pode comprobar, segue habendo ‘problemiñas’ que non se poden solucionar (a non ser que se cambie de navegador). Con IE non se poden ver eses asteriscos vermellos nin os “»” diante de cada un dos elementos do menú da dereita. A solución con Internet Explorer 7? Preguntádello a Bill.