Joomla

Estou a probar o Joomla, un xestor de contidos que vén de ser traducido ao galego por Nubeiro. Descubrín que me daba uns pequenos erros, que finalmente corrixín. Agora todo marcha.
O comentario que lle deixei a Nubeiro -e está agardando moderación- é o que reproduzo aquí:

Ola!
Estiven probando a tradución do Joomla ao galego, pero atopei dous pequenos problemiñas que acabei solucionando:
Primeiro: Ao comezo do arquivo galician.php aparecen os carácteres , que, irremediablemente, se coaban ao principio de todas as páxinas.
Segundo: A variable “_ISOâ€? tiña o valor “iso-8859-1″, mentres que o arquivo galician.php usa Unicode, así que a cambiei a “utf-8″, para que os navegadores interpreten correctamente os acentos.
A versión corrixida está en http://modestoweb.org/joomla/language/galician.php
A min agora funcióname sen problemas.
Saúdos.
Modesto

A páxina de proba, que se titula, precisamente, Proba, está aquí: http://modestoweb.org/joomla/

6 comentarios

  1. Ó final escollin Joomla, polo de agora vai de marabilla.
    Modesto, non me deixou baixar o arquivo que ligas, dí que o acceso é restrinxido. De tódolos xeitos fixen a corrección que indicas a man e xa está todo solucionado.

  2. Queríache contestar onte, pero o mysql non traballaba ben… Subscribo o que di El niño de la guía. Polo que puiden comprobar, o Joomla é mellor ainda ca o Mambo (aínda que para un blog é moito mellor o WordPress. Claro, todo depende do que pretendas publicar).

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.