Categoría: Friqueiradas

  • ModestoWeb.org

    Dende hoxe, xa podes visitar ModestoWeb no seguinte enderezo:
    http://modestoweb.org/
    (tamén cos tres uves dobres diante)
    Ademais dos URLs habituais…

  • Xa saíu OpenOffice.org 1.1.5 en galego

    A data de hoxe, na páxina do proxecto Ceibe pódese descargar xa a versión 1.1.5 do paquete OpenOffice.org en galego isolacionista.
    Avisados estades.

  • Dupla velocidade

    Hoxe duplicáronme a velocidade do ADSL. De 512/128 kbps pasei a 1024/320. Non está mal, aínda que xa sei que por aí fóra isto é terceiromundista…

  • Son millonario

    Se o e-mail que recibín hoxe fose certo, que non creo. Polo menos, o SpamAssassin dime o seguinte:

    X-Spam-Report:
    * 1.3 UNCLAIMED_MONEY BODY: People just leave money laying around
    * 0.5 HTML_60_70 BODY: Message is 60% to 70% HTML
    * 0.0 HTML_MESSAGE BODY: HTML included in message
    * 0.0 MSGID_FROM_MTA_HEADER Message-Id was added by a relay
    * 3.2 FORGED_MUA_OUTLOOK Forged mail pretending to be from MS Outlook

    Segundo a mensaxe, fun premiado nunha especie de lotería primitiva absurda organizada por Microsoft para o Reino Unido e Irlanda, cuxa combinación gañadora foi 06 – 13 – 17 – 23 -32 – 43, e o número complementario o 49. Parece ser que eu acertei cinco e mais o complementario, polo que teño un premio de 850.000 libras esterlinas a repartir entre os dez gañadores da segunda categoría.
    Se non reclamo o premio antes do 1 de novembro, pasará ao bote. E se o reclamo, seguramente a miña caixa de correo se verá inundada de ofertas de títulos universitarios sen necesidade de estudar (mágoa que xa o obtivese polo camiño difícil) ou marabillosas técnicas de alongamento de pene.
    Esta suposta lotería usa un software especial para escoller ao chou entre máis de 40.000 compañías e 20 millóns de enderezos de correo electrónico de todo o mundo. As bólas e os bombos están comprobados por axentes independentes para asegurarse de que operan axeitadamente…. En fin. Iso contan.

  • Mambo! (3)

    …e así ata o número 5. O certo é que, grazas ao artigo de algo máis abaixo, alguén que busque no Google canalriasbaixas atopará como primeiro resultado ModestoWeb (Vou ter sorte!). Non podía ser doutro xeito.
    Rectifico, tamén, o que escribín daquela. De momento, a páxina de canalriasbaixas non se está a converter nunha fonte de información con actualización diaria. Polo contrario, podemos visitar a de Telebarbanza, Barbanza Televisión, Televisión Barbanza ou Barbanza TV (non sei moi ben como chamarlle), que diariamente publica os textos do informativo, mesmo antes de que se emita (e non o digo porque eu teña algo que ver con iso, que tamén).