Categoría: Friqueiradas

  • O Cesga saca a concurso a tradución ao galego do OpenOffice.org

    OpenOffice.org é a suite ofimática libre por excelencia â€â€?que non a únicaâ€â€?, e a principal alternativa ao Microsoft Office que moitos teñen ilegalmente instalado nos seus discos duros.
    Conta a Galipedia no seu artigo sobre OpenOffice.org o seguinte:

    OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir de Sun StarOffice e licenciada coma software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux…) e Mac OS X.

    OpenOffice.org está formado por:

    * Writer (procesador de textos)
    * Calc (folla de cálculo)
    * Draw (deseño gráfico)
    * Impress (programa de presentacións)
    * Math (editor de fórmulas matemáticas)
    * Base (base de datos)
    * Un editor visual de páxinas web.
    * Un gravador de macros.
    * Filtros para a importación de ficheiros fomatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.

    Máis información sobre esta nova na propia web do Cesga e en Barrapunto (de onde saquei a información, que un non che é omnisciente).
    O meu comentario en Barrapunto â€â€?encóntrome un pouco lacazán para repetilo aquí.
    Pensamentos que me veñen á cabeza:

    • Está ben isto do apoio institucional ao soft en galego.
    • Cousas así non pasaban antes.
    • 140.000 euros! Mi madriña!
  • Mambo! (2)

    Parece que o CMS Mambo está a acadar cada vez máis éxito, aínda que agora corre perigo de deixar de ser soft libre, pero xa ten unha derivación alternativa, o Joomla!.
    A televisión local Telesalnés, agora coñecida co un tanto pretencioso nome de Canal Rías Baixas, está a probar este sistema para a súa nova web.
    Esperemos que lles vaia moi ben e que pronto contemos cun medio máis de información. Parece que xa a están a actualizar diariamente.
    Por certo, aínda non me decidín polo meu programa e presentador/a favoritos.
    E, si, seguen a ter o logo de Mambo no seguinte enderezo:

    http://www.canalriasbaixas.com/images/logo.png

  • Novidades incríbeis

    Como se pode observar, o encabezado desta páxina variou lixeiramente e agora inclúe un menú que permite acceder a varias opcións. A máis interesante pode ser ???, que nin eu mesmo sei como chamarlle nin no que acabará. A saber.

  • Máis liberdade de expresión

    Hoxe decateime de que as persoas que se estreaban neste blog eran automaticamente incluídas nunha ‘lista negra’ que me obrigaba a moderar os seus comentarios (un do Melro e dous do Palanghreiro de Lalín). Xa está corrixido o problema e as súas opinións feitas públicas. Ademais, agora xa non é obrigatorio deixar nome nin enderezo de correo electrónico, para que poidades permanecer no economato.
    Sigo tendo a capacidade, como administrador, de borrar comentarios, pero é algo que aínda non fixen e non penso facer (e se o fago, explicarei as razóns, que probablemente se deban á invasión de spam, como lles está a pasar a algúns por desgraza).

  • O Bloque d’A Estrada defende o deterxente ese

    Segundo se pode ler na edición de hoxe de El Correo Gallego.
    E así o conta o propio BNG estradense.
    Por certo, que o deterxente ese non é o deterxente Ese.