Tits no more

A imaxe máis buscada -e máis pendurada en foros externos- de todas as que se inclúen neste blog, e unha das que recibe máis visitas por todo o anterior, é á que se accede cando se preme na imaxe censurada desta entrada. Nun principio, era a mesma imaxe, pero a un tamaño de 720×576 e sen as estreliñas. Porén, por iso de que se achega o 1 de abril e tal, decidin substituíla por esta, moito máis eurovisiva. Saúde, paghilheiros!

Juventude em marcha Galiza Net 2008

Ao final, si que estarei no encontro, casualmente o primeiro ano que non podería en teoría por idade, e tampouco vou estar en plan lúdico, senón traballando. Sinto moito que algunha xente, como Ghanito, non poida estar este ano, pero de seguro que atoparei con algún que outro lector ou lectora deste modesto blog. Vémonos!

Ah, si, puxen no título un dos filmes favoritos de Pawley para facer o inevitábel xogo de palabras 😉

Día 403

Mañá, quen se achegue a este blog usando Internet Explorer, vaise atopar cun bonito erro 403. Porque mañá é o día 403, unha xornada dedicada ao cumprimento dos estándares web e que este ano vai “dedicada” ao navegador de Microsoft. Xa volo explico máis ou menos con claridade aquí, e, por suposto, na web oficial da arrogante iniciativa.

E non me sexades como Gaviotero… 😉

Oito bits

128+64+32+16+8+4+2+1=255

E, como da anterior vez, non lle paso o meme a ninguén para que ninguén máis mo pase a min.

Por certo, que xa lle vou dando outro aire ao deseño do blog, non si?

Indecisión

É o que se nota cando cambias de tema constantemente -de tema visual do blog, quero dicir.