Pois mira ti que ben.
Categoría: Friqueiradas
-
Máis sobre tipos de letra
Como este é un tema que esperta moitas paixóns, engado aquí unha ligazón que atopei hai uns minutos: no blog de Vitaly Friedman, un rapaz bielorruso afincado en Alemaña, podemos atopar as vinte e cinco tipografías de mellor calidade e sen licenza, e moitas cousas máis, claro. Com licença.
-
Gentium
Atopei por aí un tipo de letra (que non fonte) que segue a filosofía da cultura libre e que me pareceu moi elegante. Chámase Gentium e forma parte do cabeceiro desta páxina dende hoxe. A súa licenza OFL pódese ler aquí (en inglés). E o arquivo pódese baixar dende esta páxina.
Por outra banda (non sei se a de Laíño ou a de Lestrove), sigo a matinar no cambio de imaxe de ModestoWeb. Permanezan atentos aos seus monitores.
-
Proba de redeseño número 1
Estou probando algúns deseños que poderían servir para a nova imaxe de ModestoWeb, facendo algúns cambios, claro. Un dos que me gustaron dende un principio foi Connections, de Patricia Müller, que quedaría así:
-
Renovarse ou morrer
Despois da «mudanza» teño pensado facer algúns cambios -aínda máis- na imaxe desta páxina. O máis importante, e que non se ve, é a actualización a WordPress 2.0. Parece que funciona ben.