…como dicía Arsenio Iglesias. Aquí podemos ver un exemplo de varias cousas máis interesantes que ver ca o Mundial.
Un exemplo do que non facer: ver a televisión.
…como dicía Arsenio Iglesias. Aquí podemos ver un exemplo de varias cousas máis interesantes que ver ca o Mundial.
Un exemplo do que non facer: ver a televisión.
«Este mundial tumbamos a todos». A Julen Lopetegi, tamén.
Como se pode comprobar no YouTube. O vídeo está en holandés, pero o importante é o que se ve nel. Un móbil de cuarta xeración, polo menos.
É o título dun blog eurovisivomaníaco cheo de saborosa información e comentarios arredor dun acontecemento continental que se vai celebrar mañá. Espero que sexa mellor ca a semifinal de onte. Non había por onde collelos…
Aínda que xa sabemos que vai gañar Bosnia-Hercegovina.
Fedellando por Blogalego atopei un post de Nemeth no que se fai referencia a outro blog non menos interesante: A bola extra (ou A bóla extra?), dende o que se están a impulsar unhas iniciativas tan necesarias como A palabra máis fea da lingua galega (xa está ben de mariconadas como «bolboreta», «agarimo» ou «morriña») ou a versión galega de Superviventes, con famosos de aquí mesmo.
Que siga así.
P.D.: Tamén atopou a Sue Ellen bébeda.