Agradable achado


Fedellando por Blogalego atopei un post de Nemeth no que se fai referencia a outro blog non menos interesante: A bola extra (ou A bóla extra?), dende o que se están a impulsar unhas iniciativas tan necesarias como A palabra máis fea da lingua galega (xa está ben de mariconadas como «bolboreta», «agarimo» ou «morriña») ou a versión galega de Superviventes, con famosos de aquí mesmo.
Que siga así.

P.D.: Tamén atopou a Sue Ellen bébeda.


One response to “Agradable achado”

Leave a Reply Cancel reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.