Día das letras hipócritas

Xornais en galego

Hoxe é o día no que todos os xornais en castelán saen coas súas primeiras páxinas -que non o resto- en galego. Algo así como se as mulleres só tivesen dereito a traballar fóra da casa o 8 de marzo. De todos os xeitos, sempre xorden propostas interesantes. Por exemplo, dende hoxe La Voz de Galicia ofrece unha versión dixital en galego mediante tradución automática.

Outro dato para ter en conta: os lectores do mesmo xornal elixen carallo como sétima palabra máis fermosa do galego.

4 comentarios

  1. si, o de carallo é sorprendente… é unha mágoa que non estivera máis arriba… eu creo que si que tiña votos para ser segunda ou terceira, pero para evitar problemas os da Voz a colocaron fóra das cinco magníficas… imaxínate: bolboreta, ledicia, agarimo, morriña… carallo!

  2. si é o primeiro que aprendeu a dizer o meu sobrinho , iso e arre ostias …eu da voz de galicia collín a literatura universal en galego , máis que nada por que quería ter o manifesto comunista de marx na lingua nai

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.