En galego si, pero…

estás de estrea

Antecedentes:

  1. A iniciativa galega polo software libre mancomun.org lanzou este mércores -en realidade, o martes- a versión traducida do OpenOffice.org 2.0
  2. Esta versión traducida pódese descargar en versións para Windows e GNU/Linux (en .rpm ou .deb)
  3. A empresa encargada desta localización foi Imaxin.
  4. Na web oficial de OpenOffice.org en galego aparece como responsable de manter a tradución Rubén da Silva.
  5. Nesa mesma web figura como última versión traducida ao galego a 1.1.5, feita polo proxecto Ceibe.
  6. Non atopo por ningures o código fonte do 2.0.2 en galego.
  7. Nin no ftp de OpenOffice.org nin nos seus mirrors se pode descargar esa versión en galego.
  8. Non hai paquetes personalizados desa versión en galego para ningunha distribución de GNU/Linux.

Dúbidas:

  • O OpenOffice.org de mancomun.org é o auténtico e cumpre coa licenza LGPL?
  • Hai dous proxectos de tradución do OpenOffice.org ao galego paralelos?
  • Algún día sairá unha actualización do RPM en galego para Fedora Core 5 que conteña algo máis ca o dicionario de mínimos?

Pode ser que esta lista se vexa aumentada.

Engádega:

Polo seu interese, reproduzo o comentario deixado por mancomun.org, aínda que me permitín a liberdade de borrar dous index.php/ do enderezo:

Ola:

Na propia páxina Web de descarga especifícase que, efectivamente cumpre coa licenza LGPL: http://www.mancomun.org/index.php/content/view/171/107/#licenza

Non hai dous proxectos de localización paralelos. Tamén na páxina Web http://www.mancomun.org/index.php/content/view/171/107/#agradecementos agradécese explícitamente o traballo realizado ata agora polos traductores anteriores e polo coordinador oficial, con quen, por certo, xa se está en contacto para que colgue a localización na páxina Web oficial do OOo.

Saúdos.

5 comentarios

  1. Si, a min tamen me chamou moito a atencion o pantasma que parece esa traduccion. Non podo profundizar moito porque ainda estou a descargar todo, vin na web do OpenOffice que habia un sitio que vendia o CD co idioma galego incluido.

  2. Ola:

    Na propia páxina Web de descarga especifícase que, efectivamente cumpre coa licenza LGPL: http://www.mancomun.org/index.php/index.php/index.php/content/view/171/107/#licenza

    Non hai dous proxectos de localización paralelos. Tamén na páxina Web http://www.mancomun.org/index.php/index.php/index.php/content/view/171/107/#agradecementos agradécese explícitamente o traballo realizado ata agora polos traductores anteriores e polo coordinador oficial, con quen, por certo, xa se está en contacto para que colgue a localización na páxina Web oficial do OOo.

    Saúdos.

  3. ¿Cómo é posíbel que Rubén da Silva collera a tradución a mediados de novembro, despois de saberse a adxudicación?

    ¿Cómo é posíbel que Rubén da Silva sexa propietario de Ozonomultimedia, unha empresa sita en Entremurallas 13, a antiga sé de Imaxin?

    ¿Cómo é que de todos os proxectos de tradución de OpenOffice o galego fora o único que non tiña persoal de contacto nin páxina web e só nestas últimas datas se dera información na rede sobre os antigos tradutores e sobre o estado da tradución?

    ¿Por que non se puxo o custo da tradución na páxina de mancomun.org? ¿Por que so se menciona ao final que a tradución a fixo Imaxin? ¿Por que non se informa de que se pagou á empresa para facer unha tradución que só había que retocar para a versión 2 do OpenOffice?

  4. – É posible que collera o proxecto gl.openoffice.org porque ninguén o solicitou antes, nin sequera despois do concurso, nin Imaxín, nin os usuarios de Ceibe, nin os de Trasno nin os de Galego21.

    – Ozono Multimedia non ten nada que ver con OpenOffice.org . Levar a web de gl.openoffice.org é un proxecto personal meu. Imaxín está en Entremurallas, Ozono Multimedia está en Galeras, e se imos as coincidencias Vieiros(Acordar) tamén estaba ‘connosco’ neste mesmo edificio. Ozono non coincidiu no tempo con Imaxín no mesmo edificio, só con Vieiros, e personalmente non os coñezo.

    – Non o sei. Pola miña parte na web de gl.openoffice.org puxen o que puiden e cando puiden. Agora mesmo están linkadas tódalas versións que coñezo, e no CVS os arquivos de traducción “.po” da última.

    – Non o sei.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.