Leo na portada da web da CRTVG:
«O 16 de decembro publicaranse no DOG as bases para a solicitude de inclusión nas listas de contratación temporal da CRTVG. Este día porase un enlace aquí para inscrivirse» (sic)
Non o podo copiar e pegar, porque está en flash, pero aí queda, falta de ortografía incluída. Estades avisad@s.
Engádega: Evidentemente era unha errata, porque xa se corrixiu o día seguinte.. Xa sabemos que as teclas V e B están unha a carón da outra…
Categoría: Mass media etc
-
Contratación temporal
-
Dous van fóra
Seguimos reciclando imaxes. É o propio, como diría Tonhito de Poi. -
TDT, qdq?
Teoricamente, mañá «comeza» a TDT en España. Digo teoricamente, porque xa leva un par de anos funcionando. O caso é que mañá comezarán as emisións de novas canles concedidas polo goberno central aos diferentes operadores públicos e privados. Pero, desgrazadamente, non para todos, como se explica en La Voz.
Todo chegará, e haberá que agardar para poder recibir toda esta «marabillosa» oferta. De momento, teño que engadir que a cobertura da TDT autonómica é un pouco máis ampla, polo que xa podo gozar de tres teuvegás e mais unha canle en probas, pero ningunha en lingua castelá. -
Os sucesores de «Nunca Máis»
Hai que ver a que se armou esta tarde no Parlamento de Galicia. Uns douscentos alcaldes e concelleiros do Partido Popular concentráronse diante do pazo do Hórreo para protestar pola decisión da Consellería de Medio Rural de paralizar expedientes de obras aprobados pola antiga Consellería de Política Agroalimentaria.
Máis información: El Correo Gallego, La Voz de Galicia.
Fotografía de Ramón Escuredo (El Correo Gallego) -
Probas Retegal
Ademais de TVG, TVG Europa e TVG América, no múltiplex de televisión dixital terrestre galega pódese ver isto (e escoitar Radio Galega Música).