Por se mañá as nubes non deixan ver a eclipse anular, sempre nos quedará esta. Malia isto, espero poder publicar unha foto made in Modestocam.
Categoría: Mass media etc
-
Canal Rías Baixas, o 17 de outubro
Xa sabemos máis cousas sobre Canal Rías Baixas: a súa web presentarase oficialmente o 17 de outubro â€â?ou, polo menos, iso é o que pon nelaââ¬â?.
Tamén é importante destacar que pretende cubrir, como o seu propio nome indica, todas as RÃas Baixas. AsÃ, inclúe seccións de novas ââ¬â?de momento en preparaciónââ¬â? para as zonas de Salnés-Caldas-Sar-etcétera, Barbanza-Muros-Noia-etcétera, Pontevedra e Vigo.
Ademais, como podemos comprobar, a súa cobertura é de 727.750 potenciais espectadores, máis dos que espera ter Iñaki Gabilondo en toda España, que se conforma con 600.000. -
Benigno Sánchez será o novo director xeral da CRTVG
Benigno Sánchez GarcÃa, ata agora xefe da inspección provincial de traballo d’A Coruña, será o novo director xeral da CRTVG, se Vieiros, La Voz de Galicia e El Correo Galego, entre outros medios de comunicación, non minten.
Polo que se ve, a principal prioridade do goberno da Xunta será resolver os graves problemas laborais que lle afectan á CompañÃa. Haberá que agardar un par de anos a que o director xeral poida ser elixido polo Parlamento.
P.D.: Eu preferÃa a Morgan. -
Je voudrais avoir un Dolmen aussi !
Image : Le Journal CanalTambre.
Explicación do de arriba:
Un sábado ao mediodÃa puxen a televisión e descubrÃn con estupor que o presentador do informativo estaba dando as novas en francés. Despois duns minutos coa boca aberta, decateime que era un telexornal para turistas, pero resultoume raro-raro-raro… Espero que o meu xefe non tome nota da idea.
Ocórrenseme outras preguntas ‘dolmenianas’, pero mellor é que as deixe para outro post. -
Captura do futuro (2)
AÃnda que este post xa se publicou o 14 de xaneiro, dentro da última moda da reciclaxe e da futuroloxÃa de a patacón, retomo esta imaxe: