Categoría: Mass media etc
-
Cada día máis linda máis linda cada día mellor e mellor
Esta medianoite comeza a campaña electoral do referendo sobre a constitución europea. E dentro de nada xa chegarán as eleccións autonómicas. Propoño esta canción para a campaña dalgún partido. É o cumio da auto-xenreira, por iso triúnfa de tal xeito nas verbenas galegas.
Nótese, tamén, esa mostra de reintegracionismo radical polo feito de que a letra está en portugués e non en galego.
Como quen lle vai vender xelados aos esquimós, veñen Lucía e Joaquín dende a Arxentina e fannos esta queridísima homenaxe aos galegos…
Propóñolles tamén aos Pimpinela que fagan versións adaptadas para os cataláns e os vascos. Poderíanse titular “Al compás de una sardana” e “Al compás de un aurresku”… -
Boa noite
Téñome que deitar. Mañá agárdanme os paxariños.
-
Outro blogueiro
Esta mañá, o parlamentario socialista outense José Manuel Lage Tuñas presentou publicamente o seu blog. O acto tivo lugar na sede do PSdeG-PSOE de Boiro. Cabe destacar que é o primeiro político galego que conta cun servizo destas características. Que cunda o exemplo.
Se o sei. eu fago tamén un acto público para presentar ModestoWeb…