Categoría: Mass media etc

  • Cea do patrón

    Doce xornalistas da comarca do Barbanza celebraron o venres pola noite no restaurante Delicias de Corrubedo a tradicional cea que se organiza cada ano para conmemorar a festividade de san Francisco de Sales, patrón da profesión -que, por certo, foi o luns 24.
    Nesta foto -ou case daguerrotipo- pódese apreciar máis ou menos o que comeron (comemos). Imaxe asinada por Sara Ares Lema, de La Voz de Galicia, e escaneada directamente dese medio impreso -aínda que, como é lóxico, ela non foi a ‘man executora’ neste caso, pois non se pode apretar o botón e asemade saír na instantánea.
    Podía poñer máis cousas, pero paso.

    Alguén vai pensar que aquí só se fan ceas… E non vai desencamiñada/o.

  • Parabéns

    Os actores galegos están a facer un bo papel.

  • Curiosidades absurdas

    Que fan Marga Pazos, Mónica Martínez e Santiago Pemán nunha folla de Excel da universidade de Gante? Eu tamén me fixen esa pregunta cando atopei isto no Google.

  • Que! Mande?

    Hai uns días saíu á rúa o novo xornal gratuíto do grupo Recoletos. Chámase Qué! e ten dúas edicións en Galicia: a d’A Coruña e a de Vigo. Ningunha das dúas destaca polo uso da nosa lingua, aínda que, como era de esperar, a coruñesa menos aínda ca a viguesa. Como ata as aldeas non chega a súa distribución, polo menos pódese consultar online a edición íntegra en PDF.
    Por certo: outros que descobren os blogs.