Category: Mass media etc

  • Que foi da serie de Ana Kiro?

    Hai un tempo, comezou na TVG unha serie protagonizada pola megaartista arzuá Ana Kiro, titulada A miña sogra e mais eu, que, ao pouco tempo, desapareceu sen deixar rastro, a pesar de que non se facía outra cousa que falar do seu enorme éxito. Esquecida pola audiencia? Voltará? Aquí temos á Kiro con dous dos […]

  • Encontros de Nadal

    Aínda que o puidera parecer, non son alucinacións froito dos excesos da cea de Noiteboa. No mesmo plató, Fidel Fernán, Superpiñeiro e Maricarmen Mella. Too much for the body! Aí están as imaxes para testemuñalo.

  • Cea do Concello de Boiro

    Como todos os anos por estas datas do Nadal, o Concello de Boiro convidounos aos xornalistas da comarca a unha cea no restaurante Chicolino, na que os membros do equipo de goberno aproveitaron para ofrecer algunha que outra primicia. Para que quede constancia, velaí as fotos publicadas na prensa (dixital):Aquí había tamén unha foto do […]

  • Están tolos estes da Galega

    Mira que poñer a Shin Chan ás dez da noite… Terá isto algo que ver co horario de superprotección infantil?

  • Del Pita Pita Del

    Sen comentarios…É un simple xogo de palabras. Imaxinade o que lle podería pasar a Corina Porro ou a Emilio Pérez Touriño…