Suecia vai gañar outra vez Eurovisión?

Se as apostas non fallan desta volta, Suecia volverá gañar o Festival de Eurovisión o 23 de maio. Måns Zelmerlöw volvería, así, con Heroes, repetir o éxito de Loreen 3 anos despois. Este foi o seu segundo ensaio, calcado da actuación no Melodifestivalen -como fan sempre os representantes suecos-, aínda que tivo que mudar os bonecos da proxección porque llos copiara un pouco a David Guetta.

Os tres tenores divos de Italia a Eurovisión

Xa falta menos para Eurovisión 2015, e, a piques de rematar o repaso ás cancións favoritas, chegamos á segunda. Trátase do trío italiano de tenores-divos, Il Volo, que co seu Grande amore aspiran a levar o premio a Italia. De feito, nos últimos días estanse a achegar perigosamente ao principal favorito, que veremos nun próximo artigo.

Non se inspiraron en Ghost nin nada.

Como empeza a ser xa tradicional nas participacións de Italia no ESC, estes rapaces foron os gañadores da última edición do festival de San Remo.

Estonia, dúo eurovisivo

Seguindo co repaso eurovisivo, que xa falta menos para o ESC 2015, pasamos aos que van de terceiros nas casas de apostas, que non adoitan fallar.

Temos desta volta a Estonia, un dúo cun tema que pode triunfar, se fan bo directo. Elina Born e Stig Rästa quérenlle dicir adeus a onte, Goodbye to Yesterday, a diferenza do australiano Guy Sebastian, que quería que esta noite durase para sempre.

[flash https://youtu.be/zWACbw3cqW0]

Se Estonia, e a súa lánguida canción, triunfa, será a segunda vez que organice o Festival de Eurovisión. O que si esperamos é que, se iso acontece, non vaia outra vez Rosa de España a Tallin.

Internec

Internec

Por motivos misteriosos que só san Google coñece, ultimamente entra moita xente a este blog buscando “internec”. Como non imos deixar que a xente marche decepcionada, pois velaí este divertido e xa non moi novo vídeo de Los Alguiens, cunha canción que xa non sairá da vosa cabeza nun mes.

[flash http://www.youtube.com/watch?v=LybAHotsvOg]