Suecia vai gañar outra vez Eurovisión?

Se as apostas non fallan desta volta, Suecia volverá gañar o Festival de Eurovisión o 23 de maio. Måns Zelmerlöw volvería, así, con Heroes, repetir o éxito de Loreen 3 anos despois. Este foi o seu segundo ensaio, calcado da actuación no Melodifestivalen -como fan sempre os representantes suecos-, aínda que tivo que mudar os bonecos da proxección porque llos copiara un pouco a David Guetta.

Por se acaso, xa se sacou unha foto con Conchita Wurst.

De todos os xeitos, que teña coidado, que Italia xa se lle está a achegar nas apostas.

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.