Fringe é esa serie que moita xente deixou de ver pola metade porque era lamierda e despois seguiron e é lapolla, pero a segunda tempada, que vai ser larepolla, vai comezar antes de que rematen a primeira. Avisei.
Blog
-
A Wikipedia en español é caca
Se buscamos, por exemplo, o artigo sobre Channel 4, a Wikipedia di (a letra resaltada en negra é miña):
Channel 4 is a British public-service television broadcaster which began transmissions on 2 November 1982. Although commercially self-funded, it is ultimately publicly owned
Pero a Eskipedia di:
A pesar de ser un canal completamente privado, posee un estatus de carácter público y debe cumplir una serie de obligaciones
Como son completamente contraditorias, as dúas versións non poden ser certas, así que unha é falsa. De cal nos fiamos? Eu téñoo bastante claro -e máis se buscamos novas ou consultamos a mesma web do Channel 4-. Outro día falaremos dos topónimos galegos (ou mellor non).
-
A Galiza azul
Ensino infantil multicolor sen imposicións nin polizacións. Son eu o único que segue a ver aí unha bandeira?
-
She’s back!
Agora que nos atopamos nunha época de transición/volta ao pasado/CTRL+Z, un espía acábame de pasar esta fotografía que testemuña onde se atopa a sempre lembrada Maricarmen Mella: presentadora da Gala do Albariño de Cambados. Verémola en setembro na TVG?