
O de sempre…

Blog de Modesto del Río
O xigante da publicidade na internet, Google, segue a discriminar a nosa lingua. Despois de tantos anos, o seu servizo Adsense segue sen estar dispoñible en galego. Iso significa que un blog galegófono nunca poderá levar publicidade de Google, pois non o detectará como escrito en español nin en portugués, aínda que seleccionemos calquera destas dúas linguas ao nos rexistrarmos no servizo.
Se dispuxésemos de Adsense en galego, moitos blogueiros e blogueiras do blogomillo probablemente escribiríamos máis, porque así poderiamos sacar uns cartiños para pagar o hosting, ou o dominio .gal, que de barato ten máis ben pouco. Tamén sería un bo xeito de potenciar a publicidade en galego.
E si, con este artigo arríscome a que comece a festa da Lei de Berto.
Definitivamente, as enquisas de Twitter son a solución a todo.
Quen vai presidir o próximo goberno de España?
— Modesto (@Modesto) January 24, 2016
Ooooooh. Con grande pesar vexo que este blog non está incluído na listaxe feita por XPI da nova cartografía do blogomillo.
Polo menos na blogomorgue si que seguimos!
Actualización: onde dixen digo, digo Diego (Ameixeiras).
2015, que leves tanta paz como deixas.