Queremos Adsense en galego

O xigante da publicidade na internet, Google, segue a discriminar a nosa lingua. Despois de tantos anos, o seu servizo Adsense segue sen estar dispoñible en galego. Iso significa que un blog galegófono nunca poderá levar publicidade de Google, pois non o detectará como escrito en español nin en portugués, aínda que seleccionemos calquera destas dúas linguas ao nos rexistrarmos no servizo.

Se dispuxésemos de Adsense en galego, moitos blogueiros e blogueiras do blogomillo probablemente escribiríamos máis, porque así poderiamos sacar uns cartiños para pagar o hosting, ou o dominio .gal, que de barato ten máis ben pouco. Tamén sería un bo xeito de potenciar a publicidade en galego.

E si, con este artigo arríscome a que comece a festa da Lei de Berto.

Trending topics

Para estrear este blog no ano 2011, que xa era hora, inclúo este vídeo que se converteu nun dos que máis deu que falar nos últimos días na internet galega. Trátase dun fragmento dunha reportaxe-maratón que, estrañamente, leva emitindo xa varios meses a CNN+.

[flash http://www.youtube.com/watch?v=IcaJWXPxR7Y]

Metalingüismo (é o puto peor)

E nos próximos catro anos volverase falar, comentar e discutir sobre a lingua (a nosa, que só é unha por moito que algúns queiran ampliar esta categoría). E como nunca antes se fixera, por se non abondase. E xa o estamos a ver. E o que nos falta.