O que todo o mundo quere, porque o pobo é soberano e porque o benestar de todos ten que empezar por un mesmo, non?
Etiqueta: meme
Meme de memes
Chegouvos algunha vez un meme? Esa especie de versión blogueira dos correos en cadea, que vos obrigan a contestar a preguntas máis ou menos absurdas e ademais a contaxiarlles a proba a un certo número de persoas? Pois é ben sabido, e xa o teño dito máis dunha vez, que non me gustan este tipo de cousas, por moito que ao final os acabe facendo, pero ao meu xeito, claro. Así que inventei uns cantos memes novos para que vos vaiades entretendo. Non llos envío a ninguén en concreto, e poño como condición que non me volvan a min. 😀
- Os cinco memes que máis odias
- Os cinco memes máis estúpidos que recibiches
- As cinco cousas que poderías ter feito se non perdeses o tempo cos memes
- Os cinco memes que só lle pasarías á xente que che cae mal
- As túas cinco imitacións favoritas de Muchachada Nui
- Os cinco medios de comunicación ultradereitistas que máis reafirman as túas ideas
- As cinco peores chuzadas da historia
- Os cinco trolls sen os que non poderías vivir
- Os cinco deportes que máis odias
Naturalmente, pódese substituír o número cinco por calquera outro. Boa sorte e que vos divirtades. 😀
(Imaxe sacada dunha web do Principado de Asturias)
Despelote blogueiro
Aínda que é ben sabido que non me gustan os memes, agora son o responsábel indirecto de que naza un novo, que, de seguro, animará un pouco a blogomorgue. Pero, para que logo non digan que non cumpro cos que me mandan, fágoo agora, esquematicamente:
Non me sinto defraudado por ningún regalo/agasallo dos que me fixeron porque todos, por riba do seu valor material ou do seu interese para o agasallado, están feitos coa mellor intención por parte da persoa que os fai, así que me produciría unha grande incomodidade desprezar tal sinal de gratitude.
P.D.: Ía poñer unha imaxe para ilustrar esta entrada mirando por “despelote” nos buscadores de imaxe, pero, visto o que hai, paso. 😀
Oito bits
128+64+32+16+8+4+2+1=255
E, como da anterior vez, non lle paso o meme a ninguén para que ninguén máis mo pase a min.
Por certo, que xa lle vou dando outro aire ao deseño do blog, non si?