Categorías
Endogamia Produción propia

Meme de memes

Chegouvos algunha vez un meme? Esa especie de versión blogueira dos correos en cadea, que vos obrigan a contestar a preguntas máis ou menos absurdas e ademais a contaxiarlles a proba a un certo número de persoas? Pois é ben sabido, e xa o teño dito máis dunha vez, que non me gustan este tipo de cousas, por moito que ao final os acabe facendo, pero ao meu xeito, claro. Así que inventei uns cantos memes novos para que vos vaiades entretendo. Non llos envío a ninguén en concreto, e poño como condición que non me volvan a min. 😀

  • Os cinco memes que máis odias
  • Os cinco memes máis estúpidos que recibiches
  • As cinco cousas que poderías ter feito se non perdeses o tempo cos memes
  • Os cinco memes que só lle pasarías á xente que che cae mal
  • As túas cinco imitacións favoritas de Muchachada Nui
  • Os cinco medios de comunicación ultradereitistas que máis reafirman as túas ideas
  • As cinco peores chuzadas da historia
  • Os cinco trolls sen os que non poderías vivir
  • Os cinco deportes que máis odias

Naturalmente, pódese substituír o número cinco por calquera outro. Boa sorte e que vos divirtades. 😀
Meme
(Imaxe sacada dunha web do Principado de Asturias)

3 respostas en “Meme de memes”

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.