Villa de Puerto del Son

Cando entramos en Google Maps, en galego, especifico, atopamos este WTF maiúsculo.

Por algún motivo automatizado e por medio dalgún aquelado sistema de demencia artificial, Google decide extraer o nome da localidade desta entrada da Wikipedia en español. Entrada na que, por certo, figura no encabezamento o seguinte:

Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada. Este aviso fue puesto el 5 de abril de 2014.

E é que, de feito, ese topónimo está completamente inventado. En calquera caso, se se quixese empregar o nome que se lle deu á vila durante o franquismo, terminoloxía pola que ten especial adicción a Wikipedia en español, deberíase usar Villa y Puerto del Son, como se indica no propio artigo.

Por moito que tentemos restablecer o topónimo á súa forma legal, en cuestión de minutos algún bibliotecario ou administrador da Wikipedia en español reverterá os cambios ipso facto. Non son tan dilixentes en corrixir erros ortográficos ou de estilo, que pragan esta versión da enciclopedia libre.

Nunha última tentativa, decidín poñer como versión en galego desa Villa y Puerto del Son o seu equivalente na Galipedia. A ver se, co tempo, páxinas como Google Maps ou Facebook, cando as temos en galego, renomean a localidade polo seu nome correcto. Se as tes en castelán, seguirás a ver as mesmas aberracións.

Actualización (2-6-2017)

Pois, finalmente, na versión en galego de Google Maps xa aparecen os topónimos como na Wikipedia en galego, é dicir, co nome de localidade, seguido da parroquia e do concello.

Mapa de Porto do Son co topónimo correcto. Google Maps
Re-actualización:

Pois vese que recuaron e volvemos ter o topónimo marciano.

Actualización do 12-11-2017 (esperemos que derradeira):

Xa está solucionado, parece.

A Wikipedia en español é caca

Se buscamos, por exemplo, o artigo sobre Channel 4, a Wikipedia di (a letra resaltada en negra é miña):

Channel 4 is a British public-service television broadcaster which began transmissions on 2 November 1982. Although commercially self-funded, it is ultimately publicly owned

Pero a Eskipedia di:

A pesar de ser un canal completamente privado, posee un estatus de carácter público y debe cumplir una serie de obligaciones

Como son completamente contraditorias, as dúas versións non poden ser certas, así que unha é falsa. De cal nos fiamos? Eu téñoo bastante claro -e máis se buscamos novas ou consultamos a mesma web do Channel 4-. Outro día falaremos dos topónimos galegos (ou mellor non).