As novas do día


Máis ou menos, así foi a escaleta do Telexornal Mediodía (TVG) de hoxe:
1) Manuel Fraga é proclamado candidato á presidencia da Xunta de Galicia nun supermegahipermultitudinario acto no Pazo de Congresos de Santiago (10 minutos, máis ou menos)
2) Algo de Touriño (2 minutos, como moito)
3) Algo de Quintana (algo menos aínda)
4) Dúas enquisas danlle a vitoria ao Partido Popular, ao bordo da maioría absoluta (un minuto e pico) -outros medios doutras tendencias políticas poderían poñer un titular ben diferente cos mesmos datos, pero non é o asunto que nos trata agora
5) Dona Letizia está preñada
Conclusión: Don Manuel é republicano.
Manuel Fraga


Leave a Reply Cancel reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.