…pero si debate. Esta noite, a normalización lingüística. Ao programa Hai debate!, da TVG, estiveron convidados, en representación do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, que, por certo, ten nova web; polo PP, Manuel Ruíz Rivas, e polo BNG, Pablo González Mariñas. Do outro lado, os xornalistas Nacho Mirás, de La Voz de Galicia; Raúl Vilas, de Libertad Digital, e a tamén escritora Rosa Aneiros, compi miña da facul.
Pódelo mirar aquí. Servizo público 100%.
Aquí non hai tomate
Comentarios
10 respostas a “Aquí non hai tomate”
-
O da TVG é xa de escándalo, non hai o máis mínimo interese por falar en galego. Os que traballamos en series sabémolo. Os asesores lingüísticos son vistos como inimigos, molestan, e eu nunca entendín porqué. É un dicir. Si que o sei. E desde a TVG ninguén di nada. E cando o fan fano mal, queren recuperar nun día o tempo perdido. Hai que ter un plan, tranquilo, para que o galego volva á TVG. ¿Fixouse alguén na pobreza léxica e fonética das dobraxes? É un síntoma da deixadez.
-
modestoweb Pois se as cousas non cambian axiña, seguirá a ser a única cadea integramente en galego. Así que supoño que lle hai que dar un pouco máis de pulo á nosa lingua dende a tele autonómica. Pero aínda hai xente que pensa que debera de empregar as dúas linguas oficiais. Esperpéntico.
-
O debate foi patético, vaia nivel, pero non hai xente con máis cousiñas pra dicir, por certo, o de Libertad Digital estaba bébedo ou pasado de coca da ría???
-
De quen é amigo Raúl Vilas para traballar en Libertad Digital? Onte non demostrou moita pericia como tertuliano.
-
“De quen é amigo Raúl Vilas para traballar en Libertad Digital?”
A pregunta debera ser.
“Desde cando Raúl Vilas traballa en Libertad Digital?”
Porque traballará no anonimato, redixindo teletipor, porque polo seu nome non vén nada… E si, é un elemento, pero de segunda fila.
Outra pregunta:
“Por que a TVG invita á ultradereita aos seus debates? A quen representa’”
-
Ninguén sabe nada, ninguén ve nada, ninguén percibe ningún conflito, todo se fai ben… Iso parece cando a policia fai unha redada. 63%! Que marabilla! Agora xa entendo todo, non é que os nosos políticos (e xornalistas de la Coz) sexan uns ignorantes en temas sociolóxicos, é que son ignorantes en estatística, debe ser iso. Ou simplemente ignorantes.
Cantas persoas utilizaron a palabra “transmisión” (quid da cuestión)?
Como se pode debater se cando o Lage fala de “conflito” está falando dunha cousa diferente da que fala o Mariñas? Que se poñan primeiro sobre qué queren debater… Poderían ter razón os dous dicindo o contrario por estaren falando de cousas distintas. Tamén é moi curioso o que quere dicir o Raúl por “convivencia” ou por “coacción” cando fala de apostar pola convivencia e non pola coacción.
O ruín non é que este tipo estea aí (que penso que non ten por que non estar) ou que diga estas cousas, o ruín é que hai moita xente en Galiza que pensa como el.
-
modestoweb Tamén houbo xente -non galega e supoño que tamén galaico-dixital-libertaria que criticou o uso do galego que se fixo na última Xuventude Galiza Net. Unha mostra aquí:
http://barrapunto.com/article.pl?sid=06/04/10/1242235
E mira que eu tentei calmar aos que pensan que o acto tiña que ser bilingüe (para que?, para quen?)… -
A única forma de combatir o tema é impulsando o galegon no 90% contra o 10% de castelán na escola e no poder público. Sinxelamente pq o poder que ten o castelán fai que sexa imposible facer un “bilingüismo armónico”. Non se pode comparar 3 millóns de falantes con 200 (aprox.). Ningún o enfocou desde ese punto de vista. Evidentemente hai un problema, e grande, pero a torpeza, como di o comentario anterior, é do propio pobo. Eu o q sei e q hai pobos con máis dificultades (como o Kurdistani por exemplo) para estudar a súa lingua no seu país (q non poden), e siguen falandoa. Así que se o galego desaparece é pq o pobo galego non quere conservala, así de claro, a xente non quere falar en galego, por comodidade. Dentro de 60 anos estaremos falando todos inglés , por comodidade.
-
1111 O blog ou algo asi do Raulito
-
creo que esquencedes que Raúl Vilas foi neonazi
Deixa unha respostaCancelar a resposta