Dende hoxe, pódese escoitar a programación de Punto Radio en Cee -e zonas limítrofes e non limítrofes- na frecuencia que anteriormente empregaba Radio Líder, 105 Mhz na FM. Como inauguración das súas emisións locais, escenificaron unha especie de mesa redonda sobre a inmigración, aínda que os contertulios tiñan todos unhas opinións semellantes ás deste medio, por dicir algo. A voz da moderadora sooume, porque creo que ata hai pouco traballaba en Radio Nordés, da SER, tamén de Cee. Sorte e a ver se lle dan unha frecuencia no vindeiro PTN, como a tantas outras emisoras.
Si. Xa sei que Radio Líder e Punto Radio Galicia son o mesmo.
eu escoito punto.radio na televisión , en veo.tv ou net.tv , nunha desas
Creo que é Net TV, dos mesmos propietarios (Vocento).