O misterio dos xentilicios

Por fin descubrín cal é a orixe deses estraños xentilicios que 193.000 persoas das comarcas do Barbanza e do Salnés e eu mesmo escoitabamos case que a diario. O artífice de boirés/-esa, ribeirés/-esa e pobrés/-esa é nin máis nin menos que o insigne escritor padronés (isto si que remata en -és) Avelino Abuín de Tembra, como confesa nunha columna do xornal Galicia Hoxe.

E como chegou esa licenza literaria a ter un uso cotián nun medio de comunicación de masas? Busquemos na árbore xenealóxica do seu creador.

Os xentilicios oficiais, na web da Universidade de Vigo.

Confesión: houbo un tempo no que me vin contaxiado por esa tolemia, a pesar de que non exista libro de [falta de] estilo ningún que obrigue a seguila.

Caso resolto.

Deixar unha resposta Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.