Pois si, o xoves, despois dunha frustración matinal coa sanidade pública, era o gran día. Pola tarde tocaba a charla sobre podcasts -que volverá haber o día 14, o meu aniversario, casualmente-. O vídeo está aquí, aínda que, non sei por que, véseme a min todo o tempo, e non a pantalla do ordenador cando debera. Malia que non estou moi satisfeito do resultado, porque estaba bastante nervioso, a xente di que estivo ben, e quen son eu para non crelos? Ademais, os meus compañeiros de mesa, Sak e Regueifeiro, eran de nivel e xa había algo de confianza con eles, así que contribuíron a que o resultado final fora mellor.
Entre o non demasiado abondoso público estaba Moinante, co que pasei un bo anaco metablogueando, como é costume nestes encontros endogámicos. Á noite había un interesantísimo concerto, do que xa lerán a crónica proximamente, pero ata esa hora non tiña nada que facer nin ninguén con quen quedar. Sorte que Ifrit estaba disposto a me acompañar. Mentres ceabamos o habitual e falabamos dalgunha xente, apareceu unha simpática aínda que algo chivata blogueira, Caufield. Xa no Malas Pécoras, atopamos un concentradísimo Aluguer, que non apartaba a vista de El País, polo que tardou bastante en decatarse da nosa presenza, xusto cando chegou a estrela da noite, Snob. O local foise enchendo de diversos personaxes, entre os que tamén apareceron Moinante, Oko e Besbellinha, que estaba de aniversario, acompañada do seu señor Colombo -dígoo porque non o coñecía-. E como, por desgraza, algúns traballabamos o día seguinte, houbo que marchar nada máis rematar o concerto -ben, un pouco antes-. Fun con Oko ata o campus sur, onde atopara lugar para aparcar grazas á proverbial sorte de Moinante, e, polo camiño, aproveitamos para ter outra desas longas charlas endogámicas. Ela quedou no magosto antifeixista e eu voltei para a casa.
Querían que contara algo máis? Pois, por agora, non. :-p
aseguro que Caufield non é chivata; pregunteille, e dixo que non se enterara de nada.
A conversa endogámica camiño do campus sur foi realmente interesante… que grande xeración, a súa… 😀
Eis! De mim nom falem!
fer, que falen de un… ainda que sexa mal