Tiña que facelo. Aínda que teño ultimamente o blogue bastante abandonado, por motivos xustificados e xustificábeis, non podía pasar sen deixar aquí a miña pequena lembranza de Carlos Casares, respondendo ao chamamento das uvas na solaina. Lembro aquela columna que facía naquel xornal naquela época que para min resultou tan especial, non sei se no senso positivo ou no negativo do adxectivo. E si, concordo en que Casares foi quizais o primeiro blogueiro, antes de que existisen os blogues. A través das súas marxes, todos estivemos interesados en saber o que lle pasaba ao seu gato Samuel, en coñecer o seu interese sobre os trens eléctricos e, en fin, todo o que lle acontecía a Casares na súa vida diaria. Para cando un día das Letras?
Pois faltan cinco anos. Creo que ten que pasar dez anos da morte para que lle adiquen a celebración a un escritor.
así é, até que pasen dez anos da súa morte non se pode homenaxear