The Déjà-Vu Channel

Facendo zapping, por pura casualidade, puxen Popular TV e atopei o que, probabelmente, sexa un dos poucos programas que paga a pena ver desa canle: Fama. Sentín esa estarrecedora sensación de lembrar cada plano do episodio, que só vira unha vez, hai case 25 anos. Aínda que, daquela, os personaxes parecíanme vellísimos e, agora, parécenme novísimos -e un chisquiño pasados de moda, tamén-. Ala, un aplauso para a Conferencia Episcopal por rescatar estas cousas que tan boas lembranzas nos traen aos puriles.

2 comentarios

  1. Si, eu tamén quedei vendo un capítulo un día. Tremendo. En realidade Pop Tv ten unha programación bastante competente, con grandes clásicos como Banner e Flappy, La aldea del Arce e cousas así. O que define a Pop Tv é a nostalxia (do franquismo, claro).

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.