Ano 2026. A intelixencia artificial avanzou abondo como para facer un podcast analizando un podcast de 2009 feito con voces sintetizadas cunha escusa peregrina. Pois velaquí o que estes fenómenos decidiron esbardallar:
Categoría: Regreso ao pasado
-

Un podcast plastificado sobre outro podcast non tan plastificado
https://modesto.gal/imx/Voces_de_plastico_contra_a_Gripe_A.mp3 -
Primolariiiiiii!
Hoxe hai 25 anos que se estreou esta serie tan lembrada, que creou tendencia na dobraxe española de Balki -que non se sabe exactamente de onde procedía-, con personaxes como Apu, dos Simpson, ou Sayid, de Lost. Tamén crearon tendencia -en Islandia- os xerseis que levaba o primo Larry.
Estreouse nos 80 nos Estados Unidos -onde durou oito temporadas- e despois nos 90 en España naquel interesante Canal+ en aberto.
[flash http://www.youtube.com/watch?v=qfeHaRHy1bk]
Tamén hai unha web moi recomendábel, de deseño claramente revival, sobre a serie.
Parece ser que hai uns anos se fixo unha adaptación rusa, coa particularidade de que o primo non vén da illa pseudogrega de Mypos, senón de Euskadi, ou algo así.
[flash http://www.youtube.com/watch?v=YHKQm2WdpV0]
-
21 normas
Hoxe atopei, por casualidade, este recorte que tiña gardado. Non sei se, despois de seis anos e medio, se cumpriu o compromiso ou aínda está en trámite. Ben, creo que vale para case todas as novas da páxina.
-
She’s back!
Agora que nos atopamos nunha época de transición/volta ao pasado/CTRL+Z, un espía acábame de pasar esta fotografía que testemuña onde se atopa a sempre lembrada Maricarmen Mella: presentadora da Gala do Albariño de Cambados. Verémola en setembro na TVG?
-
Que din os rumorosos?
O día en Santiago é gris.
[flash http://www.youtube.com/watch?v=PBGA-742T8U&rel=0]