Festiguai

Moitas cousas pasaron este sábado, pero será mellor contalo en fotos.
ricos
Que ricos son os xelados de Brión!

Mesmo había xente disfrazada dos seus blogueiros favoritos, como este dobre de Ghanito, coa cara igual de pixelada.

Tamén apareceu un tal Ranchinchancho, con cornos postos por man inocente.


Non faltaron figuras senlleiras do pensamento nacionalista.

Os libreiros querían facer caixa e supuxeron que habería moitos reintegratas dispostos a mercar as súas rarezas.

E tamén visitamos a carpa do software libre. Ghanito (o de verdade) quixo comprobar que Fran Diéguez está cada día máis forte.

4 comentarios

Deixar unha respostaCancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.